Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Rutas Turísticas
As neves é unha das vilas galegas que mais pode presumir de boa gastronomía, gracias ós productos naturaias das súas ierras e o ben facer culinario dos seus hosteleiros. Proba da aprobación unánime da súa excelsa cociña é a "peregrinación" masiva de xentes lonxanas ós seus restaurantes, sobre todo en época de caza e lamprea.
A agricultura, a gandería, a pesca e incluso a caza son actividades que aportan á gastronomía nevense unha gran riqueza culinaria.
Pan de millo, carnes da montaña, coello, perdiz, troitas, angulas, lamprea, requeixón e mel, son productos de singular atractivo..
Os brancos Condado e Albariño e o "Tinto de Rubios" son o seu mellor complemento.

A nosa zona está vinculada xeográficamente e históricamente á comarca do Condado, área vinícola baixo a denominación de orixe"Rias Baixas", onde as suas terrazas soleadas domediodía eabrigadas do norte, son propicias para a mellor producción das distintas variedades. Albariño, Loureiro eTeixadura dan corpo, color e sabor ós brancos, mentras que variedades como o Caiño, Espadeiro eRetinto, constituen a materia prima do noso viño por excelencia; "O Tinto de Rubios". Mantén a solera tradicional dos viños artesanos galegos; producto dun microclima especial e da esmerada elaboración, que lle confire paladar e aroma.
Adecuado para acompañarse con pratos fortes, é o complemento ideal da lamprea e dorequeixón, os nosos pratos estrela.
O requeixón, comercialízase a través dunha cooperativa específica "Queixo das Neves".

Recetas

Fiambre de Lamprea | Empanada de Lamprea | Requeixón con Mazá | Pastel de Requeixón e Noces | Copa de Espuma con Requeixón


Fiambre de Lamprea afumada

Ingredientes : Unha lamprea | Catro hovos cocidos | Catro pimentos morróns | Cen gramos de xamón | Sal | Leña de carballo

Preparación : Unha vez limpa a lamprea, ábrana ó medio e mantéñana así con axuda dunhas caniñas; debe quedar como una folla de bacallao. Sálenna e afúmena durante tres días co fume da leña de carballo.

Pasados os tres días, quítenlle as canas e póñana nun  recipente con auga doce, como si de desalar bacallao se tratase.

Téñana ahí unhas horas para eliminar o exceso de fume e devolverlle elasticidade. Séquena e enchana cos hovos cocidos cortados ó medio, e co o xamón en lonchas; vaian enroscándoa sobre ela mesma, pondo no centro os pimentos. Ten de quedar como unha bola.

Átena facendo un ovillo, sin escatimar o cordón, e cózana en auga sin sal durante unha hora. Séquena ben e prénsena.

Sírvase fría, cortada en rodallas, como fiambre.


Empanada de Lamprea

Ingredientes : Unha boa lamprea | 4  dentes  de allo | 1 cebola | 4 rodajas finas de pan | 1  copa de viño tinto | 1/4  litro de aceite | 1/2  copa de vino blanco | Un  pouquichiño  de perexil | Sal | Pementa | 600 gramos de masa de empanada

Preparación : Toda a mestura bótase sobre os anacos da lamprea e ponse ó lume ata que herva, salpimentándoa ó gusto e botándolle un pouquichiño de perexil.

Pasados 5 minutos procedemos a facer a empanada.

Estirar a metade da masa mais o menos, deberá quedar un poco mais grosa ca base
dunha empanada normal. Botamons a lamprea coa súa salsa e a cubrimos con outra capa
da masa que haberemos estirado previamente. Pinchar a capa superior da empanada
para evitar que inche e pintar co ovo batido para que colla brillo.

Cocer a empanada no forno durante uns 40 minutos a unha temperatura de 180 grados.


Requesón con mazá


Ingredientes : 3 mazás | 400 gr. de requeixón | 2 cucharadas de mel | 1/2 limón |unhas folliñas de menta.


Preparación : Pelar 2 mazás, retirar o corazón, rallalas e poñer a raladura nun bol. Exprimir e verter o zume de limón no bol unto coa mel. Poñer o requeixón nun prato e aplastalo cun tenedor.

Agregalo ao bol e mesturar. Lavar a mazá restante, cortala en cartos, retirar o corazón e cortala en gajos.

Repartir a mestura de requesón en cuencos individuais e adornar cos gajos de mazá e as folliñas de menta.


Pastel de Requeixón e noces

Ingredientes : 25 ou 30 galletas Maria | 100 gr de mantequilla | 1/4 kg de requeixón | 1 bote pequeño de leite condensada | 3 huevos | 100 grs de nueces peladas

Preparación : Se desmenuzan as galletas e mesturanse coa mantequilla, formando unha masa coa que cubrimos ben todo o fondo do molde. mesturamos o requeixón, a leite condensada, os ovos e ls noces, e mesturase todo ben. Metese ó forno a fogo medio hasta que calle. Pódese decorar con kiwis ou outra froita


Copa de Espuma con Requeixón

Ingredientes : 2 iogures naturais | 1/2 kg de requeixón fresco | 4 cuch. de mel | 4 claras montadas | Corteza de limón | Canela en pó e en rama

Preparación : Para a realización de este postre frío comeza mesturando ben nun bol os iogures co requeixón, a mel, a raladura de limón e a canela. Coa axuda dunha batidora, bate ben e despois pásao por un chino.

Aparte, monta 4 claras de ovo con azúcar ó punto de neve. Terminada esta operación, agrega con coidado as claras montadas e a mestura de iogures con requeixón. Reparte a espuma en copas de postre e deixa enfriar no frigorífico.