Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Rutas Turísticas
Puente RomanoEste municipio (que ata 1904 recibiu o nome de Setados), ten no río Miño a súa fonte de vida dende antigo. Abondosos son os restos do Paleolítico e o Neolítico que quedaron en lugares como "A Pedra da Moura" (Taboexa), o "Monte das Carboeiras" (Liñares) e "O Coto do Facho" (As Neves)  e que inclúen mámoas , petroglifos e pezas líticas. De épocas máis cercanas a nós quedan as pesquerías da lamprea e a acequia de Vide, ambos de orixe romana.

Altamira "un dos xacementos galegos máis abondosos en bronces romanos- Cividá e Rocha son algúns dos lugares que perviven da cultura castreña e dos asentamentos romanos nunha zona na que se poden visita-las igrexas de As Neves (1668),  San Cibrán, Taboexa e Tortoreos. As Neves está situada ó redor do Miño, con alturas impropias do accidente galego, que enmarca os seus bosques máis escarpados de eucaliptos e piñeiros e unha vexetación espontánea de xestas, codesos, toxos e silveira. Nas zonas baixas hai manchas forestales de ameneiros, castaños e carballos.

A maioría da poboación vive dunha agricultura basada no cultivo do millo, o pasto, a vide, as patacas, os productos forraxeiros e as froitas. A gandería, con cabezas de bovino, porcino, ovino e caprino é complementaria, o mesmo que a pesca no Miño, con capturas de lamprea, anguila, sable y salmón. Aínda que ata a actualidade casi non existia industria pola proximidade de Vigo, Porriño e Ponteareas, en breve estará en funcionamento tanto en Salvaterra como en As Neves, a plataforma loxística e industrial o denominado Porto Seco, que constituirá unha importante área loxística e industrial no noso municipio . A nosa zona está vinculada xeográfica e históricamente á comarca do Condado, área vinícola baixo a denominación de orixe "Rías Baixas", onde as súas terrazas soleadas do mediodía e abrigadas do norte, son propicias para a producción de albariño, loureiro e treixadura. A parroquia de Rubiós é cuna do noso viño por excelencia: o "Tinto Rubiós", caldo amable e aromado a base de variedades como o caiño, o espadeiro e o retinto entre outros, adecuado par facerse acompañar de lamprea e requeixón, oa nosos pratos estrela.


entradao Relixioso e o Profano

Sta martaSimilar á outras romerías de Galicia, a festa de Santa Marta é tamén unha procesión de cadaleitos onde van os ofrecidos. Durante a procesión, grupos de xente van entonando a canción de ofrenda á santa. A Virxe é tamén sacada en peregrinación. Porta nas súas mans un rosario de moedas de prata e cartos ofrecidos polos fieis. Antes de entrar no templo, a procesión da varias voltas ó seu redor.





entradaTerritorio Románico

Iglesia das NevesA igrexa de As Neves foi edificada no século XVII, a raíz da aparición da Virxe a un neno da zona. Ó redor dela foi medrando o pobo de As Neves. É obra do arquitecto Melchor de Velasco e do canteiro Amaro do Campo. Destaca sobre todo a súa torre piramidal escalonada das que somentes hai cinco en Galicia e posee un retablo de tres rúas do Barroco galego. Tamén se destaca a igrexa de Taboexa, de estilo renacentista, a de Tortoreos, que é de estilo Barroco e la de Santiago de Ribarteme, de orixe románica. Ademáis consérvanse canastros e vivendas de noble señorío que falan dun pasado arquitectónico cheo de riqueza. A casa de Barro ou a da Inquisición, ligadas ós Xil e Arauxo, son boa proba disto, contando ademáis con interesantísimos escudos nobiliares.

Outras obras de interés destacamos a ponte romana de A Senra, en Santiago de Ribarteme, e a ponte medieval de As Puntaleiras, lugar por onde pasou a Raiña Isabel de Portugal, alá polo século XII, en dirección a Santiago de Compostela, facendo escala no mosterio de A Franqueira, hoxe camiño de sendeirismo recuperado co nome de "Sendeiro dos Frades"



entradaPrehistoria

O castro de Altamira podería ser un máis dos moitos que se atopan neste concello, pero o feito de terse atopado no seu chan un dos maiores xacementos de pezas de bronce da época romana fan del un dos máis atractivos. Diferentes pezas líticas do Paleolítico e do Neolítico apareceron tamén na zona coñecida como couto de Altamira, hai hachazgos de bronces romanos, fragmentos de estatuas, unha Ara adicada a Mercurio e incluso unha cabeza de can, nun proceso de estratificación de culturas que se produciu a raíz da conquista e romanización da nosa zona. Así mesmo podemos facer mención de hachazgos importantes no castro de Bocas en San Xosé de Ribarteme dentro da mesma línea co anterior, e no Couto do Conde  en San Pedro de Batalláns, donde hai constancia de casas circulares semellantes ás que aparecen no monte de Santa Tegra en A Guarda.



entradaMiradores-Ameas para Todos

No núcleo urbano do pobo nace unha pista de montaña que leva á cume do monte Sandomedio (690 mts.), singular mirador de grande valor paisaxística sobre o río Miño e que posúe unha capela adicada a Sandomedio, honrado polas procesións do contorno no 7 de agosto. Mirando ó leste, atopamos ó seu irmám San Fins, que compón unha barreira natural que nos separa de Arbo, mentras que polo oeste o municipio queda aberto en natural abrazo ó Condado, comarca da que forma parte. No resto do territorio quedan agochados fértiles vales regados polo río Termes e o Xuliana, pequenos ríos de montaña que disfrutan de paraxes de gran beleza nas súas ribeiras e que son forza motriz de singulares e poderosos muiños que se resisten a desaparecer, de gran valor popular i etnográfico, algún aínda en funcionamiento.