Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Irmanamento

EntradaFirma do protocolo de irmanamento:

Protocolo irmanamentoAs Neves; 30 de Agosto de 2003
Firma do protocolo de irmanamento no Concello de As neves.

Descargar texto do protocolo:

Protocolo Pdf. 46 Kb

 




EntradaMunicipios do Cantón de Legé (Francia) :


Mapa CantónLegé:

Superficie: 63,32 km2.
Poboación: 3 688 habitantes.
Densidade de poboación:38 habitantes por km

Legé está situado no extremo sur do departamento do Loire Atlantique, limítrofe con A Vendée. O Munuipio é a capital da comarca. A agricuLtura segue sendo un vector importante para a súa economía.
A comarca ofrece a toda a súa poboaciãnn un sector asociativo moi presente e dinámico e un conxrunto de servicios e equipamentos (escolares, deportivos, culturais, comerciais e de comunicación moi completo, ademais dunha zona de ocio de 15 hectáreas

Legé




CorcouéCorcoué sur Logne:
Superficie: 50,39 km2
Poboación: 2 029 habitantes
Densidade de poboación: 40 habitantes por km2.

O concello de Corcué está situado no límite do Loire-Atlantique e A Vendée. Pola súa ubicación no corazón do Val da Logne, o municipio de Corcué beneficiouse dun desenvolvemento excepcional, debido a súa proximidade , con Nantes ( 15 minutos da periferia nantesa) e có litoral atlántico. O Concello de Corcué ofrece numerosas oportunidades para o desenvolvemento local vinculadas prineipalmente coa madeira e a construcción.



TouvoisTouvois :
Superficie: 39,21 km2
Poboacíón.: 1325 habítantes
Densidade: 34 habitantes por Km2.

A riqueza dos elementos naturais, ouga, bosques... e o desenvovernento de actividades ligados a eles, marca a vida dos habitantes de Touvois.
Touvois é un concello que tino sempre unha actividade comercial ímportante.

-Unha das súas particularudades: os talleres de mecánica de autornóbil e agríeola. A zona artesanal sitúase no importante eixe de ruta do ponte de Saint-Nazaire.
0 concello foi equipado cunha estación de depuración ultra-moderna con gran capacidade para o tratamento de residuos.



EntradaASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO LOIRA ATLÁNTICO MERIDIONAL

Crupo de As neves en Francia<<<<Visita dun grupo de veciños/as de As neves a Legé


 

 

 

Dita asociación creouse para contribuír ó desenvolvemento e consolidación dos vínculos establecidos na Carta de Irmandade entre a Comunidade de Municipios do Cantón de Legé (Corcoué sur Logne, Legé e Touvois) en Francia, e o Concello de As Neves (Pontevedra), asinada o 30 de agosto de 2003 e ratificada o 14 de xullo de 2004, fomentando así a participación activa de persoas e colectividades nas actividades e programacións conxuntas.

Serán fins primordiais da “ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO LOIRA ATLÁNTICO MERIDIONAL”, os seguintes:

a) Organización de Cursos e Cursiños intensivos para a adquisición de coñecementos da lingua e cultura francesas, con especial atención a Cultura do Pays de la Loire, dirixidos a persoas de As Neves, e de Cursos de lingua e cultura españolas, con especial atención a lingua e cultura galegas, orientados a membros da Comunidade do Cantón de Legé que visiten As Neves.

b) Organización de intercambios Escolares, familiares e de xoves con estadías nas respectivas localidades en períodos lectivos ou de lecer, tanto entre familias de acollida como en centros ou institucións públicos ou privados.

c) Organización de ciclos de conferencias, seminarios, mesas redondas, etc. sobre temas relacionados có Pays de la Loire e Galicia.

d) Fomento de viaxes de estudios, intercambios turísticos, contactos entre membros dos sectores comerciais, profesionais, industriais e artesanais para levar a cabo experiencias compartidas nos seus campos de acción.

e) Colaboración e participación nas actividades que programen as Institucións Públicas das respectivas comarcas, dentro dos compromisos adoptados na Carta de Irmandade.

f) Organización de Exposicións, actos divulgativos e actividades que permitan o coñecemento dos valores patrimoniais, de defensa da natureza, de conservación do folclore e a cultura popular, e deportes e actividades de lecer e difusión das dúas comunidades, fomentando así os vencellos de amizade e colaboración entre os cidadáns de unha e outra procedencias. g) Organización de actos de exaltación do sentimento da fraternidade europea. Xaneiro de 2.005

Presidenta da Asociación
Mª Belén Jorge Estévez
loiraatlantico@yahoo.es

Primeiro acto oficial da Asociación de Amigos de Loira Atlántico Meridional durante a visita dun grupo galo
Agosto 06

25_agosto_06

Os franceses queren promover intercambios culturais e empresariais entre Cantón de Legé e As Neves xunto coa súa comarca


Un grupo de mozos/as franceses chegarón o sábado día 20 de Agosto ó Concello de As Neves
O alcalde das Neves, Raúl Emilio Castro, deu a benvida a delegación francesa de Cantón de Legé que visitarón a vila das Neves.
Nun acto no salón de plenos, o alcalde desexoulle unha feliz estancia en Galicia e no municipio, e resaltou “a importancia do irmanamento para o coñecemento de ambas culturas nuns municipios con moitas similitudes.
Os intercambios en terreos como a viticultura e a artesanía van ser moi bos para ambos pobos”, manifestou o rexedor.

 

EntradaFotografías:

(Pinchar para AMPLIAR)

Camiño Santiago Agosto 2003

Camiño Samtiago Camiño Santiago

Itercambios escolares Febreiro 2004 (As Neves)

Intercanbios Intercambios

Intercambios escolares 2003 (Francia)

Inercambios