Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Lugares de INterese

Romeria de Santa Marta

Falar de San Xosé de Ribarteme é falar dunha das romerías máis antigas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en donde cada 29 de xullo se celebra a procesión dos cadaleitos, mezcla de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu arredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda

A procesión  presídea tódolos anos a imaxe de Santa Marta. A fama milagreira de Santa Marta relaciónaa a igrexa coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e trala morte de Xesús se viu obrigada a abandoar Palestina.

Ás 12 do mediodía, a parroquia pontevedresa de Santa Marta de Ribarteme arde en fervor dos fieis que se apostan ante as portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente se disputa un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada da Comunidade galega. Centos de devotos que como tódolos anos intentan ofrecer á Virxe un sacrifizo, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados.

Esta romería cobra un carácter especial pois en nela se poderá ver algún que outro penitente introducido nun ataude solicitando a intervención milagreira da santa co fin de sanar dunha grave enfermidade ou como mostra de agradecemento por algún dos favores nos que ésta teña mediado. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Benito e a Virxe do Carmen.
 

Subir

 

Esculturas de redondelo

Obra: Sen título
Artista: Don Manuel Rial Pérez
…no andar atopo sono, de nenos e homes incapaces de deter o tempo.

 

Obra: O Xigante
Artista: Mario Iglesias González


A escultura “Xigante”, representa un estraño ser de forma-humán, pero con grandes dimensións que xurdiu de algures e que no seu percorrido, a non se sabe onde, atopou a xigantesca laxe no momento en que o sol ocultase detrás da máxica paisaxe de vales e montes que se domina dende alí; capturado polo espectáculo, tumbouse a contempla-lo. Ten que ver co dereito que temos a que se materialicen xigantes e se tumben nas nosas laxes a ver as postas do sol, co dereito que temos a colle-los “infraganti” nese intre descoidado, no que esquecen por un momento que son xigantes e que van de acá para alá. Ten que ver cos poucos xigantes que quedan xa, e as escasísimas posibilidades de seren visualizados. A sorte é que este deixou unha imaxe conxelada, a sorte de que estivera alí aquela fenomenal laxe, xusto das que invitan ós xigantes a tumbarse.
 

Obra: Punto de partida
Artista: Carlos Tejo

 

Esta escultura atópase na cume dunha rocha granítica. Compónse de catro portas realizadas en aceiro. Cada unha delas está colocada nun punto cardinal diferente. Todas teñen un ángulo de apertura distinto. As súas dimensións son similares a unha porta convencional



Subir

Ponte da Senra


Ponte da Senra

Na parroquia de Santiago de Ribarteme atópase a Ponte Romana de A Senra, sobre o Termes, de amplia calzada i en bo estado de conservación, en bucólica paraxe de fresnos, álamos e carballos. A través de cascadas e augas cristalinas, transcurre a súa lenda:

"…toda muller preñada, cando teña un embarazo complicado, para poder levalo adiante, terá que ir á ponte a deitarse debaixo desta ata que un home e unha muller, que posteriormente serán os padriños do neno; estes terán que baixar a botarlle auga sobre o abdomen. A cada lado da ponte debe colocarse algún familiar para non permitir que ningún animal, xa fose paxaro, can ou gato, pase por enriza, si non a muller abortará…"




Subir