Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Muller
<vacio> Información Xeral

Estamos no concello.
Pza da Cristiandade, 1
36440 As Neves (Pontevedra)
Telf: 986 648 038

Encargada:
 Esperanza Goyanes López


entradaConcello Xaneiro 2017

entradaPARTICIPACIÓN SOCIAL PARA A RECOLLIDA DE ACHEGAS NO PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL


Concello


practicas

O Concello de As Neves está a elaborar un PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL (2016-2019) co fin de introducir nas actuacións e xestións do Concello, o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación entre mulleres e homes.

Tendo en conta a realidade do Concello, a normativa de referencia e os recursos materiais e humanos dispoñibles, o plan contempla diversas medidas de intervención organizadas en diversas áreas:

ÁREA 1: EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN IGUALDADE

ÁREA 2: CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE

ÁREA 3: PREVENCIÓN E TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO

ÁREA 4: INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN ACTIVA

ÁREA 5: SAUDE E BENESTAR SOCIAL

Antes da aprobación do plan, e co obxecto de garantir os principios de transparencia e participación social, durante a súa elaboración, quérese contar coa participación cidadá.

Para iso, o día 25 de novembro, “día contra a violencia de xénero” realizouse unha xornada aberta á cidadanía, e neste momento, iniciamos unha segunda invitación,

Polo que CONVÍDASE ÁS ASOCIACIÓNS LOCAIS E Á CIDADANÍA A ACHEGAR AS SÚAS PROPOSTAS DE ACTUACIÓN.

O envío das propostas poderá realizarase ata o día 02 de febreiro de 2017 mediante correo electrónico fomento.asneves@fegamp.gal ou en escrito dirixido á Concellería da Muller do Concello de As Neves.

Da análise das achegas, determinaranse as medidas de actuación dispostas en cada unha das áreas do Plan de Igualdade para a súa aprobación en Pleno Municipal.

 

pdfVer bando Plan Igualdade

pdfVer borrador Plan Igualdad