Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Rutas Turísticas
O protagonismo social das Neves, acapárao en boa medida a súa capital. Por esa mesma condición, por se-lo único casco urbano, por concentrar tódolos servicios e indudablemente polo seu atractivo urbanístico, gastronómico e cultural: é a referencia obrigada para o resto dos núcleos poblacionais.Pero o municipio se divide en trece parroquias, compostas todas elas de distintas aldeas que gardan en cada rincón da súa paisaxe agradables vivencias. Cada unha posee a súa propia idiosincrasia. Percorrelas é acrecenta-la admiración polas Neves. Para isto, atendendo á configuración xeográfica do Municipio, distribuimolas en catro rutas: a) Polo val do Miño (ó sur), b) Polo val do Xuliana (ó Oeste), c) Pola montaña nevense ou Tras San Nomedio (ó Norte) y d) Polo val do Termes (ó este)



entradaAS NEVES

É a capital do Municipio dende 1904. No 1914 recibiu, por Real Decreto de S.M. o Rey, o título de “MOI LEAL”. Posee 800 habitantes e, como vila, a súa orixe arranca dun poblado celta na denominada “Chan dos cateliños”. Descende dende o Coto de Santa Bárbara ata o Río Miño e o seu núcleo urbano está dotado de múltiples servicios. Destaca pola serenidade i equilibrio urbanístico e solar de gran valor paisaxístico, codiciada por isto como área residencial.A súa igrexa é obra do arquitecto Melchor de Velasco e do canteiro Amaro do Campo e se remonta a 1668. Destaca sobre todo a súa torre piramidal escalonada, estilo casi único en Galicia e posúe un retablo de tres rúas do Barroco galego. Mesóns e restaurantes dan fama culinaria a esta vila soleada que ten por patroa á Virxe das Neves (según a tradición nevaba o día da súa aparición) á que festexan cada cinco de agosto, festa local. Próxima ó Miño atópase a primeira bodega industrial do municipio. [Arriba]


entradaVIDE

Vide - Casa da AugaVideEsta parroquia ten como límites, polo Este a arbense de Sela e polo Oeste o río Termes, mentras que o Norte protéxena os montes de San Fins e Odrago e polo Sur báñaa o Miño. Posúe uns 650 habitantes i é de terras chans.
E tamén de advocación mariana, celebrando a sua festa principal o 15 de agosto. A súa igrexa é de orixe románico e foireformada no 1782 polo cura párroco D.Joaquín Cabeza de Vaca. Na parte alta da parroquia téñense descuberto grabados rupestres no lugar denominado “Coto do Galo”.
Pero quizáis o máis destacable da súahistoria sexa a súa peculiar acequia que, con orixe no extremo norte da de San Xosé, percorre 6 Kms. Para regar tódolos seus campos e, según atradición, se remonta á época romana [Arriba]


entradaSETADOS

Situada entre Vide e As Neves, foi a capital do Municipio ata 1904. A súa xeografía é unha suave pendente escalonada sobre o val do Miño, con panorámicas abertas a Portugal. Posúe 334 habitantes e rinde culto á Virxe da Saúde a cal festexa en Pentecostés ( ós 48 días de Pascua ). Castro Vilariño e Xestal son algúns dos lugares onde se constataron vestixos castrexos: fragmentos cerámicos e restos arquitectónicos. A desembocadura do Termes no Miño provoca un ecosistema de gran valor ecolóxico, denominado “As Lagoas” no que habitan unha especie de tartarugas pouco común [Arriba]


entradaLIÑARES

LiñaresLiñaresLigada o Miño e o Xuliana que a atravesa hacia a súa desembocadura, na máis chan e meridional de tódalas parroquias. Posúe 200 habitantes agrupados nun núcleo semiurbano. A súa patroa é Santa María e celebra festas en octubre en honor o Espíritu Santo, popularmente coñecida coma a de “os pexegos”. Hai constatación de mámoas nesta parroquia e no lugar de A Ceña dispón dun frondoso paraxe turístico e praia fluvial no Miño, área que comparte coa de Tortoreos. [Arriba]


entradaTORTOREOS

santa mairña 4santa mariña 5Rica e fértil en historia é a máis poblada do Municipio con 845 habitantes. Está situada na rúa de As Neves a Ponteareas e nela está ubicado o gran pazo da Merced e os colexos doados pola marquesa do mesmo.
O seu patrón é Santiago e a súa igrexa é de estilo barroco con nobles escudos nos seus laterais, xunto á mesma eríxese un cruceiro de indudable valor artístico. Dentro dos hachazgos arqueolóxicos merece destaca-los xacimentos castrexos de Cividá con restos cerámicos e muiños de man e o de Reguengo con varias sepulturas feitas con tégulas. [Arriba]


entradaTABOEXA

TaboexaTaboexaExténdese dende o Monte San Nomedio, onde se celebra una peculiar romería campestre en honor ó mesmo cada sete de agosto. Posúe 723 veciños. Nesta parroquia atópase un dos recintos castrexos máis interesantes, o de Altamira, no que se atoparon bronces romanos, fragmentos de estatuas, unha ara de Mercurio e incluso unha cabeza de can. A súa igrexa é de estilo renacentista e por toda a parroquia consérvanse vivendas e canastros de noble señorío. Nos seus montes veciñais alberga unha plantación vinícola de considerable extensión e un circuito de motocross. E na ermita de San Bartolomé, cada 24 de agosto, celebran a “romería do medo”. [Arriba]


entradaRUBIÓS

Parroquia occidental que vive ó abrigo de San Nomedio i é dona do sol ata o atardecer, o cal a fai disfrutar dun microclima especial que favorece a producción dos seus afamados viños “tinto rubiós”. Crúzaa o río Xuliana e habitana 671 veciños. O seu patrón é San Xoan pero celebra festas en  honor á Virxe do Libramento en Setembro, romería de larga tradición. Hoxe ten recuperado a súa popular banda de música, única no Municipio. Arqueolóxicamente cabe destaca-los restos de A Rocha, Castro e Casteliño. [Arriba]


entradaSAN PEDRO DE BATALLÁNS

É unha das parroquias de menos extensións e habitantes do Municipio (298 habitantes). Forma parte da área montañosa das Neves coñecida como San Nomedio. Descende dende dita cume ata o val do Uma. No lugar de “Cividá” atopáronse restos cerámicos, cimentos e murallas dun hábitat castrexo. Ten por patrón a San Pedro ó que festexan cada 29 de xuño [Arriba]


entradaSANTA EULALIA DE BATALLÁNS

Sta EulaliaSta EulaliaSituada na ladeira occidental de Monte Paradanta, descende dende o cume de “Chan do Marco” ata o fondo do val do Uma que o separa do Municipio de Salvaterra. Agrícola e ganadeira, posúe 500 habitantes. A súa patroa é Santa Eulalia. Celebra festas en Xuño en honor ó Santo Cristo. No lugar de Castro en Lentille existiu un recinto castrexo, latitud elexida para o túnel da autovía a Madrid, e hoxe singular paisaxe granítico. [Arriba]


entradaCERDEIRA

Cerdeira É a máis montañosa de todas i está situada na ladeira sur do Paradanta. E unha parroquia esencialmente ganadeira. Ten como patrón a San Xoan e os seus habitantes non chegan a 200. O seu aillamento e paisaxe agreste ten como compensación a producción dun dos postres máis cotizados nas mesas do bo xantar “o requesón con mel”. Os seus “petos de ánimas” e os seus cruceiros enchena de simbolismo primitivo. [Arriba]


entradaSAN XOSÉ DE RIBARTEME

Xose de RibartemeSan Xose de RibartemeDistanciada, ó igual que a de San Cibrán e Cerdeira, do antigo núcleo unitario de Santiago. Ten como patrón a San Xosé ó que festexan cada 19 de marzo. Pero a súa festa máis importante é a Romería de Santa Marta, peculiar celebración á que acuden cada 29 de xulo numerosos romeros. E festa local. Esta parroquia extendida ó longo do marxe dereito do Termes alcanza o cume do San Nomedio. No fondo da mesma e próximo ó río atópase o recinto castrexo de Bocas, montículo circular que alberga cerámica y construccións. Lembranzas dunha sociedade feudal son o escudo da capela de Eiró e a casona de “coto” na “casal da vila”. Posúe 500 habitantes. [Arriba]


entradaSAN CIBRÁN DE RIBARTEME

San Cibran de RibartemeUbicada na marxe esquerda do Río Termes, descende suavemente dende San Fins. Ten 374 habitantes. Dos seus tempos históricos destacan a residencia señorial con torre e palomar en Barro, reconstruida en 1732 polo Comisario do Santo Oficio de Araujo. Antes da mesma constituiu un recinto encadeado que servía de asilo ós acusados previo á súa condea. O patrón é San Cibrán ó que festexan xunto a San Benito e á Pascua. Especial mención merece o cruceiro sito no lugar de Campo, moi próximo á igrexa parroquial, polo seu valor artístico. Comparte con Santiago e San Xosé o Río Termes, troiteiro por excelencia, que alberga nas súas veiras vellos muiños e crúzano vetustas pontes. [Arriba]


entradaSANTIAGO DE RIBARTEME

Santiago de RibartemeÉ o núcleo orixinario dos Ribarteme, cunha igrexa románica e cun escudo nobiliar, tivo como patrocinadores na súa orixe ás casas de Fontán e Barreiro. Posúe rectoral e amplia feligresía, noutro tempo productora de bo viño, moi propio destes lares. O seu patrón e festexado, ó igual que a Virxe do Carmen, por xullo, e na ermita do barrio do Cristo celebra festas en honor a Santa Cruz. Da súa tradición relixiosa consérvase parte do itinerario que percorrían os “pasos”  de Semana Santa. Atopáronse restos prehistóricos en O Fantal e Fonte das Barbas. Romano é a ponte que cruza o Termes en bucólico paraxe de hórreos e muiños. Posúe 300 habitantes. [Arriba]