Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Portoseco

Polígono industrial Porto seco, un espacio para empresas, transporte de mercadorías, actividades industriais e servicios asociados 

Portoseco MapaA Plisan, máis coñecida por Porto Seco, é un complexo multifuncional formado por áreas especializadas de concentración de empresas e servicios loxísticos, transporte de mercadorías e intermodalidad portuaria, así como de actividades industriais e servicios xerais asociados.
 
  Pola súa excelente situación, conexións viarias e ferroviarias, a súa relación co Puerto, capacidade e servicios, vai ser a gran zona de actividades loxísticas do sur de Galicia e norte de Portugal.
 
  Son numerosas as empresas, non só españolas senón tamén doutros países europeos, interesadas en ubicarse na Plataforma Loxística.
 

  




SecciónsA superficie total do parque é de 4.196.167 m² e conta con:
 
  - O centro intermodal e a zona de conexión a través de terminais intermodais de ferrocarril e estrada. Disporá dunha terminal específica para contenedores, granito e automóbiles. Ocupará
unha superficie de 314.238 m².
 
  - A área loxística intermodal: está destinada a empresas con actividades necesarias de acceso á rede ferroviaria e a súa superficie suma 202.758 m².
 
  - A área loxística de tranformación é para operadores loxísticos, con actividade compatible de tranformación e conta cunha
superficie de 738.113 m².
 
  - A área multifuncional industrial que se destina a empresas de transformación con centros loxísitcos propios e relacións sinérxicas co resto da Plataforma. Ocupará 650.481 m².
 
  Contará tamén cunha superficie de 35.221 m² para centro de servicios que é o complexo que agrupa os servicios hoteleiros, bancarios, oficinas de empresas, servicios sociais e equipamento; así como cunha área loxística empresarial onde se ubican empresas  cun compoñente significativo de loxística, compatible con actividades de servicio, oficinas e producción. Esta área ten unha superficie de 399.371 m².

    Disporá de: zonas verdes - 940.000 m²-; aparcamentos - 358.985 m²-; viais -427.000 m²- e área de equipamentos sociais e deportivos -130.000 m²-.