Casa do Concello
Praza da Cristiandade,1 36440
Tél.: 986 64 80 38
Fax: 986 64 80 52

Rutas Turísticas
As Neves e un concello rico en variedade paisaxjística. Ríos, vales e montes, compoñen un poema relaxante onde perderse durante uns días en busca da tranquilidade que demandan estes tempos modernos. As marxes do río Miño son dunha beleza incomparable, mentras que a zona montañosa acércanos un pouco máis ó ceo e nos transmite paz e serenidade. Foito desta riqueza natural nacen as diversas rotas de sendeirismo que posuimos.


sendeiro dos pescadoresentrada Sendeiro dos Frades

Antigo camiño que seguía a raiña Isabel de Portugal, alá polo século XII, e que viña das cidades portuguesas de Braga e Porto, achegándose ata nós, por unha antiga puente de madeira que atravesa o río Miño no lugar de A Barca Nova, en Medáns (Vide-Setados). A partir de eiquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no monasterio para proseguir camiño hacia Pontevedra, en dirección a Santiago de Compostela. Hxe revivimo-la historia ó longo de 15 Km. Onde podemos ver maravillas feitas pola man do home e que adornan o sendeiro, dende Vide (As Neves) ata A Franqueira, como pontes romanas, medievales, muiños, petos de ánimas, cruceiros, igrexas, casas señoriais e incluso unha sobreira catalogada como a máis antiga de Galicia, todo isto dentro dun marco paisaxístico de beleza incomparable.

>>>Ver ficha


entradaSendeiro dos Pescadores

Cun percorrido de 2,5 Km. que parte dende a Área Recreativa de Santa Mariña (Tortoreos-Liñares), pola ribeira do Miño, onde o camiñante se pode deleitar no remanso das augas, as pesqueiras e a frondosa e variada vexetación que o acompaña. Atópase perfectamente señalizado e para comodidade dos camiñantes, conta con escaleiras adecuadas para o evento.


entradaRuta do Patrimonio Natural e Histórico-Artístico

Trátase dunha ruta circular polas trece parroquias do Concello de As Neves, que o turista ou viaxeiro pode facer en coche, microbús ou autobús. O legado histórico-artístico, incita ó visitante o estudo e a admiración de tan sorprendentes obras de arte...As trece parroquias do Concello de As Neves, son testemuñas dun pasado vivo...polo que nos parece unha obriga facer e promocionar esta ruta, para disfrute de quen nos visita, así como o deber que temos de sensibilizar ós que neste pobo viven, en agradecemiento a quen ditas obras fixo:

  • As Neves

A ruta de patrimonio iniciámola na cabeza do municipio, na Praza Maior cunha visita á súa igrexa que se remonta ó ano 1668. O seu interés reside na súa torre piramidal escalonada, estilo casi único en Galicia, e no seu interior, o retablo de tres rúas do Barroco galego. Situase no mesmo centro da vila, armónicamente conxuntada con seu entorno, ó igual que o resto das rúas, prazas i edificaciones, en perfecto equilibrio. Parques e fontes dan un toque agradable a cada rincón que poidamos visitar dentro deste pobo.

Outros lugares de interese:

-Praza do Concello
-Praza de O Cruceiro
-Parque de “A Liñera”
-Mirador do Miño

  • Cerdeira

É a parroquia máis montañosa de todas i está situada na ladeira sur do Paradanta. E esencialmente ganadeira, típica de montaña, onde aínda se poden escoita-los cencerros que leva o gando cando pasta polo monte. A súa paisaxe vai acompañada polo seu aillamiento e tranquilidade. Destaca o conxunto que forman as Animas, cun Peto que sirve de base ó Cruceiro, con nicho; e o Cruceiro do Regueiro, con capitel redondo de forma cóncava-convexa e unha parte lisa con ánxos ós lados, unha Cruz latina con brazos cilíndricos, e a figura do Cristo con tres cravos, nun entorno idílico de montaña.

Outros lugares de interese:

-Igrexa Parroquial
-Animas de A Encrucillada
-Vistas panorámicas de Aldea de Arriba

  • Liñares

É o patrimonio natural, reflexado na Área Recreativa de Sta. Mariña, visita obrigada pola beleza do seu entorno, Río Miño e bosque autóctono, dos poucos que podemos atoparnos pola zona, ademáis de ser un lugar ideal para pasa-la tarde en compaña de familiares e amigos. Esta área constitúena un pequeno parque, con mesas de pedra e asadeiras dobres, una capela adicada a Sta. Mariña,  a ribeira do Miño, que lle da unha beleza difícil de atopar. Es zona apta para a pesca e o baño, debido á tranquilidade das súas augas.

Outros lugares de interese:

-Fervenza do Xuliana e Praia de A Ceña

  • Rubios

É parroquia que vive ó abrigo de Sandomedio i é dona do sol ata o atardecer, o cal a fai disfrutar dun microclima especial que favorece a producción do afamado “Viño Tinto de Rubiós”. Destacamos eiquí, a nivel etnográfico, as Furnas da Ribadeira, unha forma de cova onde se gardan animais e instrumentos de labranza, excavadas xa de antigo polo home primitivo, hoxe aínda en uso. A súa forma interior é abovedada, perfectamente rabuñada na terra, cunha lonxitude de entre dous a cinco metros e pechada por diante cunha porta de madeira suxeita a un marco de pedra adintelado.

Outros lugares de interese:

-Fonte e Peto de Ánimas de A Ribadeira
-Praza da Igrexa

  • San Cibrán de Ribarteme

palomar de barro Dos seus tempos históricos posúe a residencia señorial con torre e palomar no lugar de Barro, reconstruida polo comisario do Santo Oficio, Gil e Araujo, en 1732. Especial mención, e referencia desta ruta, merece o Cruceiro, de gran valor histórico, situado no lugar de campo, moi próximo á igrexa parroquial. Foi restaurado no ano 1987. Nel podemos apreciar unha serpe de grandes dimensións, enroscada no fuste, da súa boca sae a lingua que parece querer chegar ó Cáliz; tódolos demáis elementos son representativos da Pasión de Xesucristo

Outros lugares de interese:

-Animas de Sequeiros
-Palomar da Casa de Barro

  • san Pedro de Batalláns

É unha das parroquias menos extensas, que forma pare da área montañosa de As Neves, descendendo dende o pe de Sandomedio ata o Val do Uma. No lugar coñecido como “O Coto do Conde” atopáronse restos cerámicos, cimentos e murallas dun hábitat castreño.
Destácase para esta ruta o Monumento que se atopa dentro do atrio da igrexa, perfectamente axardinado, feito con dúas antigas sepulturas. Por un dos lados encuadramos unha imaxe da Inmaculada, cun nicho. Na parte superior unha Cruz da que colga un pano que o agarran piadosamente polos extremos dous anxos; nos outros dous laterais do Monumento unha inscripción na que podemos leer: “O FIN DA VIDA EIQUÍ O TEDES,O DESTINO SEGÚN OBREDES”

Outros lugares de interese:

-Cruceiro
-Peto de Ánimas

  • San Xosé de Ribarteme

Falar de San Xosé é falar dunha das romerías máis antiguas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en onde cada 29 de Xullo celébrase a procesión dos cadaleitos, mezcla de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu aredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda.

Outros lugares de interese:

-Capela do Cristo do Areal (antigo lugar de enterramento)
-Capela de Eiró
-Cruceiro de Bocas

  • Santa Eulalia de Batalláns

Sitúase na ladeira occidental do monte de O Paradanta, dencendendo suavemente ata o fondo do Val do Uma, que o separa do Concello de Salvaterra. Destacamos desta parroquia o Mirador do Castro, singular paisaxe granítico de gran beleza onde enormes pedras salpican o seu cume abierto e que asoma a vista a casi tódolos rincóns do Miño, do Xuliana e do Uma, así como tamén o Paradanta e Sandomedio. Pénsase que existiu nel un recinto castrexo.

Outros lugares de interese:

-Monumento, testimonio dunha peregrinación a Roma (atrio da igrexa)
-O Cruceiro

  • Santiago de Ribarteme

ponte romana

Núcleo originario dos Ribarteme (parroquias na beira do río Termes), tivo como patrocinadores na súa orixe ás casas de Fontán e Barreiro. A súa igrexa, recentemente restaurado o seu retablo, conserva un escudo heráldico destas familias, ó igual que A Casa da Inquisición. A súa construcción data do ano 1.669.
O paso de peregrinos hacia Compostela, procedentes de Portugal, deixou o nome do apóstolo a unha terra que asocia relixión e nobreza desnde antigas épocas. Xunto á porta, ó entrar, agárdanos unha cuncha de Santiago, esculpida na piedra, que recolle en silencio auga bendita para o reposo dos devotos. Na actualidade é referencia de paso do sendeiro Camiño dos Frades, en dirección á Franqueira (A Cañiza). Nesta parroquia destacamo-la Ponte Romana de A Senra,sobre o Termes, de amplia calzada i en bo estado de conservación, en bucólico paraxe de freixo, álamo  e carballo. A través de fervenzas e augas cristalinas, transcorre a súa lenda: ...toda muller preñada, cando teña un embarazo complicado, para poder levalo adiante, terá que ir á ponte a deitarse debaixo dela ata que pase un home e unha muller, que posteriormente serán os padriños do neno; estes terán que baixar a votarlle auga sobre o abdome. A cada lado da ponte debe colocarse algún familiar para non permitir que ningún animal, xa fose paxaro, can ou gato, pase por enriba, si non a muller abortará...

Outros lugares de interese:

-Corticeiro (Cas. Alcornoque) da Soidade (especie bicentenaria catalogada como a máis antiga de Galicia)
-Camiño do Vía Crucis

  • Setados

SetadosTen unha xeografía suave que cae sobre o Val do Miño. Aquí comenza, no lugar de Medáns, o sendeiro Camiño dos Frades percorrido que seguía a Raiña Isabel de Portugal, cruzando o río Miño no punto coñecido como A Barca Nova. A partir de aquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no mosteiro para proseguir hacia  Pontevedra, en dirección a Santiago de Compostela.
Destacamos dentro da ruta os Alcornoques situados dentro do recinto de festas que teñen máis de 200 anos. A corteza úsana para facer corchos. E unha árbore da familia das fagáceas (cupulíferas) sempre verde, de 8 a 10 m. de alto, coa copa moi extensa, e madeira durísima. A corteza está formada por unha grosa capa de corcho, follas ovaladas, enteiras ou dentadas, frores pouco visibles, e bellotas por froitos.

Outros lugares de interese:

-Paseo pola ribeira do Miño e vistas a Portugal
-Lugar da Lagoa

  • Taboexa

Sta. María de TaboexaAdmira-lo Castro de Altamira é admira-la historia da nosa terra. Trátase dun dos maiores xacementos de pezas de bronce da época romana, así como diferentes pezas líticas do Paleolítico e do Neolítico que se atopan no museo de Pontevedra. Achegándonos aquí, ademáis de observa-lo lugar dos hachádegos, pódense ver algunhas das construccións castrexas. A Parroquia exténdese dende o monte Sandomedio, excelente mirador (700 m.), ós vales do Condado-Paradanta, onde se celebra unha peculiar romería campestre en honor ó mesmo santo, cada 7 de agosto.

Outros lugares de interese:

-Igrexa renacentista de Santa María de Taboexa
-Capela de San Bartolomé (mítica romería chamada do medo cada 24 de agosto)
-Muiños dos Píos-Caneiro.

  • Tortoreos

É reseñable nesta parroquia o traballo de imaxinería realizado no seu Cruceiro, Construido a finais do século XIX ou principios do XX, por orden de Fray Andrés Quinteiro, cura xesuita que estivo en Tortoreos. E de estilo similar ós da zona de Salvaterra de Miño. Ten un fuste de 3 m. de alto de forma cilíndrica. Na súa parte media se pode ver unha peana circular que sostén a imaxe da Inmaculada que os veciños restauraron para volver a colocala, xa que foi destruida durante a guerra civil. O Capitel ten catro caras representadas con cabezas de anxos alados. Na cruz un anxo casi no aire recolle no cáliz o sangue que sae do costado do Cristo morto. No reverso está a Dolorosa, expresiva, coas mans entrelazadas e co corazón atravesado por sete frechas. O lado mesmo atópase o peto de ánimas e no mesmo entorno temos a igrexa  e o Via Vía. Neste lugar se engrandece cunhas bonitas vistas hacia o Val do Xuliana e o Pazo da Merced, de verde e frondosa vexetación, así como unha amplia zona agrícola.

Outros lugares de interese:

-Igrexa Parroquial
-Instituto de ensino Medio
-Centro de Formación Profesional E.F.A. Cancela
-Arte e Natureza (Redondelo)

  • Vide

A principal referencia desta ruta é un curioso e histórico Reloxo de Sol, de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. Está situado no muro do atrio da igrexa, enriba dun fuste duns 3 m. de altura. E do século XIII, da época da primeira construcción da igrexa de orixe románico, da cal hoxe en día solo queda o arco do altar maior. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns magníficos frescos, alusión difícil de atopar noutros templos da zona.

O lado mesmo temos a antiga rectoral, hoxe convertida en museo da auga e próximo se sitúa o Calvario e un peto de Ánimas.

Outros lugares de interese:

-Capela de Sta. Lucía i entorno
-Ponte Medieval das Puntaleiras